Este navegador no soporta lenguajes de script, actualicelo o descargue alguna herramienta que le permita interpretar el código. Gracias.

espacio en blanco
Logotipo de Ingeniería Sin Fronteras

{novas}  {axenda}  {prensa}  {usuarios}
espacio en blanco
  Inicio | ESF | participa: Colabora con ESF

ESF
+ participa

Colabora con ESF
+ COLABORA!
Os socios e socias de Enxeñería Sen Fronteiras son persoas que comparten uns mesmos principios e unha forma de entender a cooperación para o desenvolvemento, independentemente dos seus estudos previos ou a súa actividade profesional. Apoian económicamente a ESF mediante cotas ou doazóns e reciben as revistas e boletíns da asociación, ademais de convocatorias a cursos, conferencias e outros actos.Tamén información sobre as campañas nas que ESF participa. Así mesmo, os socios son convocados ás asembleas da asociación.

Se queres facerte socio, enche a nosa ficha ou ponte en contacto coa asociación que estea máis preto do teu lugar de residencia.

As persoas de Cataluña que queiran facerse socias, poden facelo directamente na web desa asociación: http://www.esf-cat.org

+ PARTICIPA!
Os voluntarios e voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras participan nas actividades de formación e adican parte do seu tempo ás tarefas da asociación. Aínda que non veñas do mundo da enxeñaría, tamén podes formar parte do noso voluntariado, hai tarefas de todo tipo: técnicas, administrativas, de xestión, etc.. As persoas voluntarias intégranse en equipos e son a base de todos os procesos de decisión. Se, ademais de ser socio, queres colaborar de forma voluntaria, diríxete á asociación que estea máis preto do teu lugar de residencia.

+ TRABALLA CON ESF
Aínda que a maior parte dos que traballan en ESF fanno de xeito voluntario, ás veces contrátanse profesionais para dar apoio en certas tarefas. As ofertas de emprego poden ser para postos nas nosas secretarías en España ou para dar apoio en proxectos no sur como cooperante.
ISF